BALONCESTO: SABADO 26 AS 17 H. 1º PARTIDO DAS SEMIFINAIS DA COPA SENIOR

CAMBIO NA HORA DO PARTIDO: PASA A XOGARSE ÁS 17H. MOTIVADO POLA IMPOIBILIDADE DE PODER CONTAR CON ARBITROS NO OUTRO HORARIO. 

Este vindeiro sábado 26 a partires das 17 h. o Extrugasa Rio Ulla xoga o partido de ida das semifinais da Copa Senior Arousana.

O rival é o C. B. Meco de O Grove. Equipo caracterizado pola súa xuventude e rapidez no xogo, frente a un equipo coma o Extrugasa mais veterano e físico. As nosas intencións son coller unha diferencia o mais amplia posible para acudir o seguinte fin de semana ó Grove co resultado ó noso favor, e tratar de acadar o pase á final, inda que vai ser dificil, pois O Meco ben de gañala liga do Grupo A de Arousa.

Por eso dende este medio facemos un chamamento para que os afeccionados acudan a presenciar este partido, este sábado ás 17 h., sendo a entrada, coma sempre, de balde.

Outros horarios dos equipos:

Copa Xunior Femenina->  Sabado as 10 en Marín: BBM – Extrugasa Rio Ulla

Alevin-> Sabado ás 16.30 h. no Grove: O Meco «A» – Extrugasa Rio Ulla  

IMAXENES DO MITIN DO PARTIDO POPULAR DESTA TARDE

Estas son algunhas das imáxenes do mitin electoral do PP celebrado hoxe xoves en Pontecesures, na Discoteca maty, e que contou ca presencia de José Juan Durán, Secretario de organización, Carlos Montilla (Diputado Nacional nas Cortes), e Angel Souto (voceiro do PP).

100_6174-web.JPG

 Rafael Randulfe recibindo a José J. Durán e Carlos Montilla

100_6187-web.JPG

O Secretario de Organización José J. Durán na súa intervención.

100_6191-web.JPG

O parlamentario nacional Carlos Montilla no seu discurso.

100_6183-web.JPG

Parte dos asistentes ó acto nun momento do mesmo.

100_6190-web.JPG

Angel Souto dirixíndose a todos os presentes na súa intervención.

100_6178-web.JPG

 O candidato á alcaldía polo PP Rafael Randulfe presentando parte do seu programa electoral ó publico asistente.

CAMPIONATO DE ESPA?A MASTER C1/K1

Esta fin de semá o Nautico Pontecesures acode o embalse de Santa Cruz de Trasona, en Áviles para disputar o Campionato de España Master nas distancias de 1.000 e 500 metros en embarcación individual. A esta regata acudiran as mellores bazas do clube que nesta ocasion serán:

-Alvaro Loureiro: C1 Cadete
-Adrián Vicente: C1 Cadete
-Javier Bernal: C1 Cadete
-André Oliveira: C1 Xuvenil

Esperemos que algún deles poida acadar algún dos metais en xogo, dende aqui desexamoslle toda a sorte do mundo.

PRACTICAMENTE PECHADO O RETORNO DE PINO AO EXTRUGASA RIO ULLA

pino.jpgSegún poideron saber onte fontes moi cercanas a Javier Abalo «Pino», o retorno deste emblemático xogador o equipo comandado por Fruki é practicamente un feito.

A operación xestouse cando Nacho, sen dúbida o mellor pivot que saiu da exitosa escola cesureña confirmou a súa despedida o fin da presente tempada.

A falta dun segundo pivot para proxima tempada e o obxetivo de retornar a primeira zonal, fixeron decantarse a Pino por voltar a defender as cores do C.B Extrugasa Rio Ulla rexeitando outras ofertas sen dúbida máis apetecibles.

Á falta da confirmación definitiva, os xogadores cesureños esperan novas mentres seguen preparando con ilusión o importantisimo partido de semifinais de copa do sábado, a o cal queren invitar a todos os cesureños.