A gaiteira cesureña Adriana Rivas Seijo participa no II Certame de Gaiteiros Solistas «Manuel Dopazo» en A Bandeira (Silleda)

Celébrase maña domingo a partir das 17 horas e acudiran preto de 15 gaiteiros de toda Galicia (na edición pasada Adriana foi a única muller participante).

As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

O estilo e carácter da peza a interpretar, serán necesariamente galegos.

A duración da interpretación non rebasará os 6 minutos (incluida a afinación).

? obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será o mesmo que o número de inscrición.

Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 750 ? e Diploma
2º. Clasificado: 450 ? e Diploma
3º. Clasificado: 200 ? e Diploma

O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

A Xunta Directiva da ANPA deséxalle a Adriana integrante do grupo «Algueirada» os maiores éxitos.

IMÁXENES DO MITÍN-PRESENTACI?N DA CANDIDATURA DE INDEPENDENTES DE PONTECESURES

Esta pasada tarde noite presentouse ó pobo a lista de veciños que concorren a estas eleccións por IP, dando un mitin de campaña para presentar o seu programa electoral. A cita foi en Discoteca Maty, e iniciouse o acto a eso das 9 da tarde.

Aqui temos unhas imáxenes do acto electoral:

100_6016-web.JPG

 Varios membros da candidatura de IP momentos antes de empezar o mitin.

100_6027-web.JPG

 Francisco García, compoñente da lista, foi o encargado de presentar o acto e dar a palabra ós restantes compañeiros/as.

100_6034-web.JPG

 Ricardo Mª Magán, nun momento da súa intervención.

100_6038-web.JPG

 Mª Flora Ferreirós, presentando parte do programa electoral de IP

100_6043-web.JPG

 José Francisco De  Jesús,  expoñendo parte do programa.

100_6051-web.JPG

 A candidata á alcaldía por IP Mª Isabel Castro dirixíndose ó público.

100_6053-web.JPG

Parte dos asistentes ó acto nun momento do mesmo.

100_6066-web.JPG

Os integrantes da lista de IP que se presentan ás eleccións do día 27 de maio.

(Escusada a non asistencia dalgun membro por motivos laborais).

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C.B. RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

basket1.jpg

Senior Zonal – Partido de volta de cuartos de final da copa Arousana.

Domingo ás 17 h. en Lalín:        BasketDeza – Extrugasa Rio Ulla

Xunior – Cadete femenino: Partido da liguilla de copa

Sábado ás 12.15 h. en Pontecesures:        Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

Infantil Masculino: Cruces de Copa

Sábado ás 18 h. en Cambados:    Extrugasa Rio Ulla – BBC de Vilagarcia

Cultura impulsa a consulta en liña de documentos históricos

Pares

Segundo se pode ler en El mundo, o Ministerio de Cultura ven de crear o Portal Pares onde se poderán consultar máis de 19 millóns de documentos e imaxes dos arquivos históricos que xestionan.

Gracias a esto podemos atopar referencias ó noso concello en múltiples documentos coma no caso do seguinte documento, datado o 24 de febreiro do ano 1.717, dentro do Arquivo Xeral de Indias dentro da Casa da contratación que esta arquivado ca seguinte descripción:

Expediente de información y licencia de pasajero a indias de Juan de Gainza, veedor del presidio de Buenos Aires, comisario de guerra, con sus criados Domingo Gainza, natural de Bilbao, hijo de Domingo de Gainza y de Teresa Ugarte, y Fernando Natera, natural de San Julian de Requeijo (Santiago), hijo de Domingo de Natera y de Dominga Moreira, a Buenos Aires.

Para ver os datos (ficha) e incluso o documento dixitalizado hai que buscar «Requeijo» (na percura simple) e seleccionar o documento do Arquivo xeral de Indias (o último resultado que da).

Hai moitos documentos, ¿ Que sorpresas poderemos atopar sobre o noso concello aquí ?

El Valedor recuerda al alcalde que es un derecho de los ediles el acceso a la información.

El Valedor do Pobo en funciones, José Ramón Vázquez Sandes, finalizó el estudio abierto a raíz de una queja presentada por el concejal de ACP, Luis Ángel Sabariz Rolán, en la que aseguraba que el alcalde, Luis Álvarez Angueira, le obstaculizaba en sus labores de control y fiscalización al retrasar «intencionadamente» el estudio de documentación municipal.

Tras conocer la versión de ambas partes, el Valedor recuerda a Álvarez Angueira que es necesario garantizar a los miembros de la Corporación «o pleno exercicio do dereito de acceso á información e documentación que afecten ó ámbito de competencias locais, de acordo cos principios constitucionais». Argumenta Vázquez Sandes que se trata de un «dereito instrumental ó servizo do dereito de participación nos asuntos públicos» y que resulta necesario para que los cargos representativos «poidan cumplir cabalmente as funcións que teñen encomendadas, non podendo estar sometido ?el citado derecho? a criterios de oportunidade ou conveniencia por parte dos alcaldes».

Aún así el Valedor do Pobo también matiza que este derecho no es «ilimitado», por lo que debe ejercerse de forma tal que «os servizos administrativos municipais non queden afectados no seu bo e regular funcionamento, circunstancia que se daría se o dereito do que vimos falando se levara a cabo mediante unha excesiva e desordenada petición de documentos e información».

DIARIO DE AROUSA, 11/05/07