BASKET SENIOR: SORTEO DA COPA ZONAL

 No día de onte a federación Arousana confirmou o calendario de copa ós 8 equipos participantes. O Extrugasa Rio Ulla tocoulle no sorte efectuado na federación contra o BasketDeza de Lalín. A eliminatoria vai ser a dobre partido, empezando a xogar o Extrugasa Rio Ulla na casa a vindeira semana, probablemente o sábado 5 de maio sobre as 19 h. aproximadamente.

Na fin de semana posterior xogaríase o partido de volta en Lalín (sábado 12 ou domingo 13).

En caso de pasar o Extrugasa, tería como rival o gañador da eliminatoria entre O Meco e o Pub A Leria de Cambados. O Meco foi o gañador da liga no grupo «A» e hoxe en día é o favorito para levarse o título copeiro. As eliminatorias de semifinais serían o 19 e 26 de maio, a dobre partido. A gran final está previsto que sexa o sábado 2 de xuño.

O basket cesureño ten no seu palmarés 3 títulos  de copa gañados de xeito consecutivo en 1999, 2000 e 2001. Ademais foi gañador da liga no 2000 e 2004, e finalista en 1999 e 2002.

BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Xunior – Cadete femenino: sábado ás 11.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – Portonovo

Infantil Masculino: Sábado as 12 h. en Cambados

Xuventude – Extrugasa Rio Ulla

Xunior Masculino: sábado ás 16.30 h. en Pontevedra

Estudiantes Xunqueira – Extrugasa Rio Ulla

DOMINGO A PARTIR DAS 17 H. NO PABELL?N DE PONTECESURES CONCENTRACI?N BENXAMÍN CA PARTICIPACI?N DOS EQUIPOS DO CORTEGADA-CARRIL, DORNA DE A ILLA, XUVEN DE CAMBADOS E EXTRUGASA RIO ULLA.

Por fru, hace

Mañá sabado, manifestación en Campaña

O concello de Valga ven de facer pública a seguinte nota:

MANIFESTACI?N

PASOS A NIVEL. SUPRESI?N XA

Mañá sábado ás 11.30 da mañá do Campo da Festa de Campaña, sairá a manifestación para que por parte do Ministerio de Fomento e de Renfe se acometan, dunha vez por todas, as obras de supresión dos pasos a nivel, segundo o acordado polos voceiros dos distintos grupos políticos deste concello.

ACODE

O grupo «Algueirada» participa nun concurso en A Estrada.

NOTA DA ANPA DO CPI PONTECESURES

O domingo día 29 de abril o grupo folclórico ??Algueirada? pertencente a esta ANPA participa nun concurso de baile galego en A Estrada que organiza a Agrupación Municipal ??TEQUEXET?LDERE? e que se celebra no Teatro Principal ás 17 horas.
Neste concurso participarán 20 agrupacións de toda a comunidade autónoma e a nosa agrupación intervirá con tres grupos (nenos/as de ata 9 anos, de 10 a 12 anos, e de 12 a 16 anos) cun máis de 30 integrantes en total, baixo a dirección do monitores Martín Agrasar e Miguel Castaño.

Esperamos que teña sorte o noso grupo neste importante evento.

Luis Angel Sabariz Rolán
Presidente

La Xunta aporta unos 165.000 euros para las obras de mejora de la EDAR.

El Consello da Xunta celebrado ayer aprobó destinar una partida de 165.178 euros para las obras de mejora de la EDAR de Pontecesures, hecho por el que el candidato socialista a la Alcaldía, Luis Ángel Sabariz, mostró su satisfacción.

Los trabajos serán adjudicados por la Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos y el plazo de ejecución será de tres meses. Estas obras permitirán poner en marcha la depuradora municipal situada en la zona portuaria.

Sabariz quiso agradecer a Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, «a súa sensibilidade neste tema» e que atendera á súa petición de que «os trámites fosen acelerados por interese de todos».

DIARIO DE AROUSA, 27/04/07