Unha das funcións de esta web é que calquera veciño poda solicitar información, anunciar calquera cousa, a outros veciños. E vou a empregar esa función:
A miña moza ven de levar a comunicación da inauguración dunha tenda da franquicia galega Nanos, de roupa para nenos, en Sevilla, apadriñada esta inauguración pola modelo Laura Sanchez e o seu home, o futbolista Aitor Ocio.O seguemento por medios rexionais (televisión, prensa, radio) aquí en Andalucía foi moi grande. Como o comunicado de prensa foi enviado tamén a medios galegos, ela necesita saber en que medios galegos publicouse a nova.
Dende aquí non temos acceso ós xornais galegos en papel, polo que a miña petición e sinxela: Si alguén ve estos días unha nova nalgún xornal sobre este evento pode indicarnos O xornal e a data de publicación.
Sin más agradecendo calquera axuda, despidome cun saudiño.
Antonio Cortés
P.D.: Calquera petición/anuncio/comunicado podese enviar, coma sempre, a redaccion@pontecesures.net. As respostas a este directamente á miña dirección antonio@pontecesures.net ou coma un comentario nesta páxina.