Hoxe día 28, ás 20,30 horas, haberá pleno ordinario.

No Salón de Sesións da Casa do Concello, ás 20,30 horas terá lugar o pleno, coa seguinte Orde do Día:

1-Actas anteriores
2-Resolucións da alcaldía da solicitude de subvención de Servicios Sociais 2007. Dar conta.
3-Resolucións da Alcaldía. Dar conta.
4-Informes da Presidencia.
5-Rogos e preguntas.

Coma sempre, faise un chamamento aos veciños para que asistan á sesión.

LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN

O xoves día 29 presentación do candidato do BNG de Pontecesures para as eleccións municipais de maio.

Na discoteca Maty, ás 20,30 horas do día 29 de marzo, terá lugar este acto de presentación do candidato Manuel Luis Alvarez Angueira.
Falarán, Ana Portas (concelleira de Pontecesures), Anxo Quintana González (Vicepresidente da Xonta e Portavoz Nacional do BNG) e Luis Alvarez Angueira (candidato á reelección na alcaldía de Pontecesures).

Luis Angel Sabariz denuncia a escasa promoción da Festa da Lamprea de Pontecesures.

O concelleiro de ACP e candidato do PSOE á alcaldía de Pontecesures, Luís Ángel Sabariz, empézalle a preocupar o retraso que leva a promoción da vindeira edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. «Sabemos, porque lo dijo el alcalde en un pleno, que la degustación va a ser el día 15 de abril, pero no sabemos nada más», lamentábase onte Sabariz. E, cando di nada, quere dicir exactamente iso: nada. Non se coñece o cartel. Non se coñece o programa e, por esa misma razón, non se sabe se todo se vai reducir a comer lamprea ou se, pola contra, se vai aderezar a festa con actividades doutro tipo.
(más…)

Hoxe comeza o curso de esmalte de «A Barcarola».

No Centro Social, os mércores e venres de 20,30 a 22,30 horas, vaise celebrar este curso organizado pola Asociación de Amas de Casa «A Barcarola» e subvencionado pola Deputación Provincial de Pontevedra. As prazas son limitadas.
Para participar no curso as socias teñen que ter o carnet ao día. As que non sexan socias e desexen participar deben interesarse na Mercería Carmen, na Parafarmacia de Pontecesures ou no nº de teléfono 986-557369.

Abren el plazo de preinscripción en la guardería cesureña.

El Concello de Pontecesures abrirá el 1 de abril el plazo de preinscripción de nuevos alumnos y reserva de plaza en la guardería municipal de cara al próximo curso, que comenzará en septiembre con un horario de apertura de 8 a 20 horas de lunes a viernes. Los niños deben tener entre tres meses y tres años de edad y cuentan con preferencia los domiciliados en Pontecesures. Las solicitudes tienen que presentarse en la escuela infantil, situada en la calle Pousa Antelo.

DIARIO DE AROUSA 28/03/07