O Concello de Pontecesures precisa contratar un arquitecto/a técnico.

No Faro de Vigo do día 16 de marzo aparece o seguinte anuncio:

No taboleiro de anuncios do concello publícanse íntegramente as Bases da convocatoria realizada polo concello de Pontecesures para prover por concurso-oposición, co carácter laboral a tempo parcial, unha praza de Arquitecto/a Técnico Municipal.
O prazo de presentación de solicitudes sera de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, publicaranse no taboleiro de anuncios do concello. O alcalde: Manuel Luis Alvarez Angueira.

(más…)

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA

Estes son os horarios dos partidos dos distintos equipos do C. B. Rio Ulla:

* Sábado ás 10.45 h: en Pontecesures xogan as nenas cadetes contra o Meco de O Grove.

* Sábado ás 18.15 h. en Vilagarcia xogan os Xuvenís contra o BBC deVilagarcia.

* Domingo as 17 h. xogan os Seniors en Pontevedra contra o actual líder da liga senior: o Arxil, no pabellón universitario de Pontevedra.

* Por último os alevíns tamén xogan este domingo ás 5 na cancha do Liceo de Vilagarcia. Estes rapaces estrenarán as novas equipacións donadas en días pasados pola empresa «Transportes Potel Torres«, a quen lle queremos agradecer o seu esforzo por axudarnos.

p(centrado). 100_5695-web.JPG

Este é o equipo ALEVÍN do C. B. Rio Ulla 2006-07, no momento no que lle foi entregada a súa nova equipación. Os integrantes do plantel son:

De pe, dende a esquerda: Antonio (entrenador), Miriam, Rubén, José Antonio, José Carlos, Borja, Yago, Pablo, o Xerente da empresa «Transportes Potel Torres», Sr. Potel. Sentados empezando pola esquerda: Raúl, Eva, Lara, Antia, Verónica, Raquel e Sergio.