Cincuenta aniversario do IES Camilo José Cela de Padrón.
Actos do 50 aniversario do Instituto Camilo Jose Cela de Padrón (creación do Instituto de Bachiller Mixto curso 1973/1974, ainda que en realidade a institución comezou «Colegio Libre Adoptado» en outubro de 1967).
Empezou nun edificio,que despois seria FP,que foi derribado para facer o Auditorio de Padrón. O actual edificio do IES Camilo Jose Cela é de 1982. Gracias a este instituto moitos rapaces e rapaces da comarca do Ullán puideron acceder a unha mellor educación e de aí seguir na Universidade. Neste centro cando eu estudiaba,que era o único sitio onde se podia estudar BUP, era o centro de referencia para Pontecesures, Valga, Dodro, Rois, Valga e incluso viñan de Lampai (Teo), Taragoña e O Araño (Rianxo).
Este lugar foi moi importante para poñer en contacto e convivir a mocidade de toda a comarca, que cousa que coa creación dos CPI de Pontecesures,Dodro e Rois, o IES de Valga ou ampliación a ESO e BACH do IES Macias O Namorado de Padrón,que antes era solo de FP, pois fai que unión e conexión que habia antes pois se rachara….o conto tamén que aumentaronse os servicios educativos e fai que teñamos nun radio de pouco máis de 3 kms. concentrados 3 IES, 2 FPs e 3 CPI, coma o nivel dunha cidade importante,para 24.000 habitantes.
amig@s do ullan
8 comentarios