A coordinadora de defensa do tren de Portas convoca a varios alcaldes a unha reunión.

A Coordinadora de Afectados de Portas en Defensa do Tren Rexional «PORTAS NON PODE PERDER ? TREN» convoca ós alcaldes/as dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Padrón, Pontecesures, Valga e Vilagarcía para manter una reunión o venres día 28 de decembro ás 20,45 horas no Auditorio Municipal de Caldas de Reis, coa seguinte Orde do día:

1-Contitución dunha Plataforma Supramunicipal ó obxecto de coordinar tódalas accións na defensa do tren.
2-Establecemento dos obxectivos e estratexia común a expoñer na Xunta de Galicia.
3-Elaboración dun calendario de mobilizacións.
4-Acordo para a próxima reunión.

Contratación de persoal de axuda no fogar para substituir baixas.

Para substituir a persoal de baixa por enfermidade, o Concello de Pontecesures precisa contratar un traballador/a para o Servizo de Axuda no Fogar. O contrato é a tempo parcial por media xornada.
Os interesados/as deben comparecer o mércores día 26 de decembro ás 8,15 horas da mañá para manter unha entrevista co tribunal encargado da selección. Ademais da copia do DNI, deben presentar a documentación sobre os títulos ou méritos que desexen acreditar.

Avaría de auga en Redondo.

A primeira hora da mañá, detectouse una importante avaría de auga nas proximidades da empresa de madeiras Magán en Redondo. Houbo necesidade de curtar a auga e así permanecen sen subministro as zonas da rúa Carlés, Avda. de Arousa, Porto e a marxe esquerda (dirección Padrón) das rúas centrais da vila.
Espérase que ás 13 horas sexa restablecido o subministro.