Despois de moito matinar coido que fan falla uns pequenos cambios na xestión da web, coido que é necesario que os comentarios sexan máis «responsables», o anonimato é importante pero non debe ser unha forma de «todo vale».
Ata o de agora, non era nada necesario para poder comentar, eso facía que nin se plantexasen, algúns, poñer unha morea de comentarios en diferentes entradas ca misma temática, saturando de comentarios máis que realmente comentando.
O cambio, que *probaremos durante unha semana*, será moi sinxelo: Para poder comentar hai que estar rexistrado.
¿ Implica eso a pérda do anonimato ?
Non, so significa que para comentar hai que ter unha conta de correo válida que so poderá ver o administrador ou editores, e servirá para comunicarse ca persoa que fai o comentario si fixese falla. Os datos de nome, e o resto … poderán ser «inventados».
Como se pode ver, esto non vai a cambiar nada, porque seguen a estar as normas de comportamento básicas, coma a de por comentarios que teñan que ver ca entrada a comentar.
Calquera persoa rexistrada pode solicitar un cambio de nivel a «autor», co que poderá escribir directamente entradas (novas, anuncios, peticións,…)
Só unha cousa: Os cambios do correo electrónico tralo rexistro serán «vixiados», co que evitaremos que alguen se rexistre e logo cambie na web o seu email e perdamos os datos de contacto.
*ACTUALIZACION*
Voltanse a poñer o método de comentarios, para que discutamos todos (o que así queiran) si é bo ou non este cambio.