En Pontecesures xa non temos nin plenos. Nota íntegra da ACP.

O pasado 25 de xullo o 1º tenente de alcalde, Ángel Souto Cordo, entón alcalde accidental, convocou aos integrantes da corporación e solicitou que fora suspendido o pleno ordinario, previsto para o luns 29 de xullo, polo loito oficial ditado logo do accidente ferroviario de Santiago de Compostela, co compromiso de convocar a sesión xa extraordinaria o antes posible incluindo o punto de rogos e preguntas de axustarse á normativa (naturalmente que é legal facelo). Todos aceptamos a proposta.

Pois ben; nin o alcalde accidental, que estivo ata o 9 de agosto, nin o titular ?lvarez Angueira convocaron o pleno e xa comezou setembro. Estamos ante un feito grave por varias razóns:

1. Un goberno que non respecta os compromisos asumidos coa corporación perde a credibilidade por completo. Non se conta para nada coa oposición, e para unha vez que se nos convoca os acordos quedan en papel mollado. Da a sensación de que se aproveitou unha desgraza para enganarnos a todos.

2. Non lembra este concelleiro que nunca se deixara de celebrar un pleno ordinario que ten unha data fixada por adiantado. Limítase así un dos dereitos máis importantes que temos os concelleiros da oposición como é o da fiscalización do executivo nos plenos ordinarios coas quendas de rogos e preguntas.

En fin; que a desidia xa bate récords no executivo local. Este grupo solicitou que pudera falar o público ao remate das sesións. O goberno negouse. Tamén solicitou que se arranxara a megafonía para que o público escoitara ben as intervencións dos seus representantes nas sesións. Tampouco foi arranxada a megafonía. E agora, dando un paso máis, nin plenos temos. Como sigamos así van destinar o salón de sesións a outros usos alleos ás reunións do organo colexiado.

O sexa que o goberno que ten máis concelleiros cobrando exclusivas en toda a historia de Pontecesures, non convoca nin as sesións plenarias obrigatorias por lei. Lamentable.

Pontecesures, 02/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

A ACP non entende o peche da piscina cos días de calor que temos.

O goberno local de Pontecesures anunciou que hoxe, 31 de agosto, pecha a piscina municipal situada na rúa Eugenio Escuredo. Resulta moi decepcionante que se peche a instalación, aínda no verano, cos días calurosos que temos con temperaturas de máis de 30 graos. Recortes por todas partes é o que nos presenta o goberno local que considera a piscina como un mero estorbo e a apertura cada verán como un trámite ordinario sen máis.

Este verán estivo aberta menos de dous meses e con isto e coa desorbitada suba de tasas que acordaron en 2012, ditaron, os integrantes do executivo local, unha auténtica sentenza de morte para este servizo. Non hai iniciativas para dinamizar o uso da instalación, non hai ilusión para fomentar a asistencia, non hai cursos de iniciación á natación para os nenos. En fin; a apatía de sempre que é o resumo máís axeitado do labor que está a realizar a equipa gubernamental nos máis de dous anos que leva á fronte do concello.

Pontecesures, 31/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Nota da ACP sobre a Escola Infantil de Pontecesures.

O goberno local de Pontecesures aprobou en 2012 unha importante suba das taxas da escola infantil que entrou en vigor no verano dese ano, fixando as contías máximas decididas pola Xunta de Galicia para as súas garderías cando pudo acordar unha suba inferior ás mesmas.

Na modificación da ordenanza fiscal, aprobada só cos votos do goberno local, deixou previsto o executivo (podía non facelo, por suposto) que a Xunta de Goberno Local, composta só por membros do goberno, elevaría os prezos cada curso escolar en función do IPC referido ao mes de xuño de cada ano e así non só foron subidas as taxas en 2012 senón que agora temos unha suba cada ano, por moito que os gobernantes lle chamen ??actualización?.

Deste xeito, na Xunta de Goberno Local que tivo lugar no día de hoxe, eleváronse os prezos un 2,2% facéndose referencia ao termo ??actualización?. Ante isto a ACP matiza:

1. Aplicando o rodillo nas votacións, o goberno local deixou delegado na ordenanza o tema dos prezos da gardería na Xunta de Goberno Local, fuxindo do debate plenario, non tendo en conta para nada aos concelleiros da oposición.

2. Contrasta bastante a presa do goberno para subir as taxas, coa desastrosa xestión en canto ao funcionamento da escola infantil, pechada durante o mes de agosto e deixando a 17 nenos/nenas sen servizo co conseguinte prexuizo para os pais/nais.

En fin; que hai moita dilixencia á hora de cobrar e moi pouca para arranxar a problemática da xestión do servizo e das instalacións.

Pontecesures, 27/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Escrito da ACP ao presidente de Portos de Galicia para que se limpe a marxe do río Ulla no porto de Pontecesures.

limpezaporto

Tendo coñecemento polos medios de comunicación da visita que fixo vostede onte ao porto de Pontecesures en relación coas obras de seguridade viaria realizadas por ese ente público mediante a elevación e sinalizacións dos pasos de peóns, solicitolle unha vez máis (gustaríame facelo persoalmente «in situ» onte, pero non fun convidado para estar na súa visita), a limpeza a fondo da marxe do río Ulla do porto de Pontecesures.

Estas marxes están, como se aprecia na fotografía, en estado lamentable dende o punto de vista la limpeza. Con maleza crecida e desperdicios entre a mesma estase a dar unha sensación de abandono moi criticado pola veciñanza dende hai moito tempo. Xa medraron incluso arbustos que están a impedir ás numerosas persoas que circulan polo peirao as vistas do río. Incrible que pase isto nos tempos que vivimos.

Resulta decepcionante que precisamente no punto onde remata a Ruta Xacobea Mar de Arousa/Ulla remontando o río, nun paraxe importante da Rede Natura, nunha zona visitada por turistas e cidadáns en xeral da comarca onde incluso hai actividade deportiva con adestramentos e competicións de piragüismo, e preto dos pantaláns embarcadoiros se descoiden deste xeito as instalacións portuarias.

? unha vergoña que isto siga así no porto fluvial máis representativo do ente público, e solicítase que, con urxencia, sexan limpadas a fondo as marxes do río no porto de Pontecesures e sexa acometida no futuro una actuación (como se anunciou hai tempo) para colocar pedra co correspondente encintado en todo o noiro que vai dende a estrada do peirao ata as augas.

Pontecesures, 23/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Resposta ao alcalde sobre os actos da homenaxe a «Borobó».

Ao non haber nada programado polo concello para lembrar o décimo aniversario da morte do xornalista e escritor cesureño Raimundo García Dominguez «Borobó», que se cumpre o vindeiro 28 de agosto, a ACP acusou de inactividade ao goberno local solicitando un sinxelo acto na lembranza de «Borobó».

Pois ben; ante a pobre e forzada resposta do alcalde que nanifesta que vai haber un acto o día 28 no cemiterio organizado por asociacións coa colaboración do concello, desexo matizar o seguinte:

1. Estamos a seis días do 28 de agosto e nada se coñece sobre os actos a celebrar en Pontecesures. Nin programación, nin moito menos difusión. Nada de nada.

2. Son moi respectables as iniciativas de todas as asociacións, pero o Concello de Pontecesures, que nos representa a todos os veciños, ten que ser o actor principal nesta homenaxe tomando unha clara iniciativa organizando, con tempo, un acto propio e non ir a remolque de asociacións ou colectivos. «Borobó», é Fillo Predillecto desta vila, e o concello que o nomeou así polo seu labor xornalístico e literario debe implicarse ao máximo para lembralo e homenaxealo.

3. Da a sensación de que tanto ao alcalde, como ao goberno local, colleuno por sorpresa a iniciativa das asociacións e da oposición sobre o décimo aniversario do falecemento de «Borobó», e agora trata de saír do paso con calquera desculpa que non convence a ninguén.

En fin; xa temos outra proba máis da deficiente xestión do goberno local. Aínda que tres dos seis membros perciben unha dedicación exclusiva, observamos que non son quenes de organizar un sinxelo homenaxe a unha figura tan representativa do noso municipio.

Pontecesures, 22/08/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

A ACP solicita que o Concello de Pontecesures organice un acto para lembrar o décimo aniversario de falecemento de «Borobó».

EL ESCRITOR RAIMUNDO GARCIA DOMINGUEZ. " BOROBO "  EN EL MUSEO DE PONTEVEDRA.

O vindeiro día 28 de agosto, cúmplese o décimo aniversario do falecemento do insigne escritor e xornalista Raimundo García Domínguez «Borobó», nado en Pontecesures, Fillo Predilecto desta vila, e onde están depositadas as súas cinzas, no camposanto parroquial de San Xulián.

Noutros concellos van lembrar a figura de «Borobó» cunha serie de actos. Con decepción observamos que en Pontecesures non hai nada programado, percibíndose unha vez máis o labor nulo da concellería de cultura ocupada por Margarita García Castro.

Non se pode poñer a desculpa dos recortes en todo. A ACP insta ao goberno para que se organice un acto sinxelo en lembranza de «Borobó». Unhas verbas na Casa do Concello de alguén vinculado á súa vida ou a súa obra e un par de flores na súa sepultura San Xulián sería suficiente. Os gastos disto son insignificantes, o que hai que ter é ilusión en facer as cousas e aplicar aquilo de que é de ben nado ser agradecido.

Esperemos que este goberno apático se poña as pilas, aínda que sexa ao toque de cornetín da oposición.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures