Comeza a tempada 2006 para o Náutico Pontecesures
«Este mes de Febreiro dáse o pistoletazo de saída o calendario de competicións para o club náutico nas categorías cadete, júnior e senior na modalidade de K-1 e C-1. Estas tres primeiras citas importantes vanse disputar no embalse de Castrelo de Miño na localidade ourensán de Ribadavia.
A primeira delas será o Control Galego de Inverno a disputar o día 19 de febreiro. A segunda cita será o Campionato Galego de Inverno o día 5 de marzo e por último e como escalafón final da tempada invernal disputarase o XXXVII Campionato de España de Inverno os días 18 e 19 de marzo. Estas tres regatas serán puntuables para a Copa Xunta de Galicia así como para a V Liga Nacional Hernando Calleja.
Asimesmo outra vez máis e gracias as xestións levadas a cabo pola xunta directiva encabezada por Ángel Barreiro Barreiro o club logrou a adquisición dunha zodiac con remolque para o seguimento diario dos adestramentos cos deportistas. A adquisición desta embarcación está mellorando a calidade dos adestramentos o igual ca seguridade dos cativos.»
Javier Bouzas Castaño
Adestrador do Náutico de Pontecesures
0 comentarios