A ACP denuncia a situación perigosa duns piñeiros preto de zonas habitadas
Uns piñeiros situados preto do campo de fútbol de Porto poden desplomarse sobre a pista que discorre entre a instalación deportiva e as vivendas de protección oficial segundo denuncia a ACP.
O pasado día 8 de xullo presentouse no rexistro do concello de Pontecesures o seguinte escrito:
Na actualidade estase a realizar a obra de reconstrucción do muro de peche do campo de fútbol «Ramón Diéguez» no monte de Porto e que afecta a toda a banda que vai paralela ás vivendas de protección oficial construídas hai 11 anos en Porto. O muro estaba moi deteriorado hai tempo e había unha ameaza evidente de caída.
O lado das vivendas e lindando coa pista que vai entre as casas e o campo de fútbol hai unha finca con piñeiros (tamén se extenden alí unhas nasas) de considerables dimensións. Catro ou cinco destas árbores están visiblemente escoradas ata a propia pista e tamén, obviamente, ata o novo muro que se vai construir. Incluso as raíces dos piñeiros, que están preto do asfalto, provocan montículos no firme que están a danar o carril de circulación.
Os veciños que viven nas casa de protección oficial están moi preocupados xa que as árbores poden virse abaixo cos correspondentes riscos para a poboación.
En consecuencia, e para non ter que lamentar desgracias persoais ou danos nos bens públicos, prégase ó alcalde que se fagan as xestións oportunas coa propiedade da finca para que os piñeiros, que están invadindo no vuelo o dominio público municipal, sexan talados con toda urxencia.
Pontecesures, 8 de xullo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
0 comentarios