Traineras en Pontecesures

Publicado por Carmen Barreiro o

?

O pasado 8 de Xullo recibimos en Pontecesures a visita do SDR. Castrourdiales. O obxectivo da súa visita era a preparación da regata correspondente á liga ACT de 1ª División que tiñan o Domingo 9 de Xullo.

Na súa visita á Ría de Arousa coa trainera “La Marinera” escolleron para adestrar o Club Náutico de Pontecesures.

O SDR Castro Urdiales con 43 puntos é segundo na clasificación por detás do Hondarribia con 47.

O Club Náutico de Pontecesures quere agradecer que contaran connosco e esperamos volver velos moi pronto.

Categorías: CuriosidadesDeportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.