Eleccións para representantes no Consello Escolar do CPI Pontecesures.
O Consello Escolar é o órgano de participación no centro dos diferentes membros da comunidade escolar esta composto por 3 representantes dos pais, 3 do alumnado, 6 representantes do profesorado, 1 representante do concello, 1 representante da administración e servizos, a Directora, a Xefa de Estudios da ESO e a Xefa de Estudios de Educación Infantil e Primaria. O Secretario do centro tamén pertence con voz pero sen voto.
Renóvanse agora 1 representante dos pais, 1 representante do alumnado e 3 representantes do profesorado. A ANPA debe nomear outro dos representantes dos pais e o Concello proporá ao seu membro.
O prazo de presentación de candidaturas para pais/nais, alumnos e profesores remata o vindeiro día 10 de novembro e as votacións para os primeiros son o día 27 de novembro de 13,15 a 19,00 horas; para os segundos o día 24 de novembro de 10,20 a 12,00 horas, e para os profesores o día 20 de novembro nun claustro ordinario.
O novo Consello Escolar constitúse o día 4 de decembro próximo.
0 comentarios