Retoman as xestións sobre o comedor escolar

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na asemblea da ANPA do CPI Pontecesures que tivo lugar o pasado día 31 de outubro á que asistiron unhas setenta persoas, anunciouse pola Xunta Directiva que se retoman as xestións coa Consellería de Educación para conquerir a implantación dun comedor escolar no centro. Lémbrase que hai, aproximadamente, cen nenos interesados neste servizo segundo a enquisa realizada no pasado mes de xuño.

Así o presidente desta ANPA comunicoulle esta intención ao concelleiro de educación Jose A. Baliñas que demostrou gran interese por este tema xa que se quere ir de man co concello para tratar de que que o comedor sexa unha realidade canto antes.

Espérase que nos vindeiros días visiten o colexio os representantes de Educación para tratar cos representantes do concello, do equipo directivo do centro e da ANPA os aspectos relativos ao comedor (fundamentalmente o espazo).


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.