Solicitude da ACP en relación con deficiencias en Redondo que provocaron inundacións.
No día de onte presentouse no Rexistro o seguinte escrito dirixido ao alcalde:
No pasado pleno de outubro interesouse este concelleiro por se teñen licenza as obras de movemento de terras e recheo de dúas fincas situadas á altura da vivienda en Redondo 96 e que son colindantes ámbalas dúas coa estrada nacional N-550 (unha a cada marxe). Preguntouse isto porque coas terras foi estreitado un regato que vai por baixo da propia estrada e ademáis hai pedras e escombros que impiden o paso normal das augas. Isto provocou inundacións e asolagamentos en vivendas particulares como ocorreu coas choivas do 22 de outubro pasado.
Non tiven contestación e coas fortes choivas do venres volveu a pasar o mesmo. Anegouse a estrada nacional e o auga entrou de novo nas mesmas propiedades (unha vivenda en Tarroeira, outra en Redondo 85 e outra na rúa Doutor Mosquera) con notable enfado por parte dos propietarios ante a apatía municipal neste asunto.
Prégase que, con toda urxencia, sexa corrixido este grave problema realizándose xestións para que o regato teña o cauce de sempre e para que se proceda á limpeza inmediata do mesmo.
Pontecesures, 25 de novembro de 2006
Luis A. Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
0 comentarios