Disculpas
Á hora de evitar o SPAM (mensaxes publicitarios automatizados) activamos certos filtro, un deles, que aparentaba ser inócuo «Prohibir comentarios de proxies abiertos e inseguros.» ó final empezou a marcar coma spam comentarios feitos por persoas en sitios públicos, polo que non se amosaban na web directamente nin aparecían coma «pendentes de moderación».
Acabamos de quitar esa opción polo gran número de falso positivos (mensaxes válidos que trataba coma non válidos), dende aquí, coma administrador prego acepten as disculpas pola perda «temporal» deses comentarios, tardaremos un pouco en revisar a base de datos de comentarios buscando eses «falsos positivos» e aparecerán os comentarios, eso si, non no momento que se escribiron senón á medida que os atopemos.
Coma disculpa indicar que, a explicación ó sucedido, radica no gran número de comentarios automatizados que reciben os blogs, e que, o fin o cabo, non hai unha solución definitiva. A percura desta busca da solución ó problema do SPAM ten este tipo de «daños colaterais».
Sin mais, mil disculpas, Antonio Cortés.
1 comentario
Antonio Cortés · 19-12-2006 a las 23:46
Unha cousa que se me esquencía: Si poñedes un comentario e non se ve, vedes algo raro, o que sexa, mandade un correo electrónico a redaccion@pontecesures.net e poderemos amañalo ou investigalo.
Neste caso non tiñamos nin idea que esto estaba a pasar ata que nos dixeron que varios comentarios non aparecían e empezamos a estudar o porque, e a sorpresa foi que estaba a marcar coma spam automáticamente comentarios de moita xente: Becquer, Lático, Sabariz, …