Hoxe comeza o obradoiro. A ACP denuncia deficiencias.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Mañá día 26 comezo o obradoiro de emprego de Pontecesures que está composto por 36 alumnos-traballadores nas especialidades de albanelería (12), carpintería (7), xardinería (10) e axuda no fogar (7).
As actividades vanse desenvolver na nave municipal situada na rúa Pousa Antelo (fronte ao CPI Pontecesures) agás a especialidade de axuda no fogar que terá lugar no Centro Social.
Como se temía esta agrupación, non foi executada a obra de remodelación da nave que, por importe de 60.000 ?, está incluída no Programa Operativo Local da Deputación de Pontevedra. Así a reparación da cuberta (hai pingueiras cando chove) e a colocación da nova instalación eléctrica aínda non se fixo a pesar de que mañá comezan as actividades.
Lémbrase que na actualidade a instalación eléctrica é irregular pois Unión Fenosa concedeu autorización no se día para o subministro tendo en conta que había un motor dun pozo preto do recinto. E necesario tramitar, co correspondente proxecto, a nova alta en Unión Fenosa e executar as obras na nova cumprindo a normativa. Ogallá non ocorra nada grave neste comezo das actividades do obradoiro.
Queremos denunciar a desidia do alcalde e do grupo de goberno neste tema. Polo seu desinterese agora terá que realizarse a obra de remodelación da nave (xa está adxudicada a Obras y Edificaciones Seixo) mixturada coas actividades docentes no local. E a típica «chapuza» pola improvisación do goberno local.
Pontecesures, 25 de decembro de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.
0 comentarios