ACP critica o obscurantismo do alcalde na xestión do obradoiro de emprego.
NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)
Con data 27-12-06 o pleno aprobou unha moción para constituir a comisión de seguemento do obradoiro de emprego integrada polo director, o técnico facultativo e o delegado do obradoiro, o técnico local de emprego, e os representantes das 5 forzas políticas representadas on concello.
Ata o día de hoxe esta agrupación comunica que non ten coñecemento algún sobre a formación desa comisión e expón o temor a que o alcalde incumpla, unha vez máis, o acordo plenario. O antecedente, dende logo, é preocupante pois deixou fora á oposición do Grupo de Traballo Mixto de selección, despois de comprometerse no pleno a respectar o acordo adoptado polos concelleiros.
Esta agrupación quere salientar a nula información que se facilita sobre o obradoiro de emprego. Sabemos que comezou o día 26 de decembro e que hai problemas na selección do persoal docente. Xa se coñece a directora, a titora, e os monitores de albanelería, axuda no fogar (no parte concerniente aos estudos sociais), e carpintería (comezou onte día 3), pero todavía hoxe se está a seleccionar o mestre de xardinería e está pendente de contratar outro monitor de axuda no fogar (para a parte sanitaria). A oposición todavía non coñece os nomes do persoal seleccionado xa que non temos resolución algunha do nomeamento.
Tampouco existe resolución algunha de nomeamento do técnico facultativo nin do delegado do concello para o obradoiro.
Apreciase así un obscurantismo sobre toda esta cuestión propiciado polo propio alcalde que impide que nas oficinas municipais sexamos informados os membros da oposición.
O que sí se coñecen son as maniobras que está a facer o alcalde citando aos aspirantes a alumnos que non foron seleccionados para botarlle á culpa aos representantes da Xunta de súa eliminación. O alcalde quere apuntarse o tanto cos seleccionados e desvíar a responsabilidade ante os non seleccionados coa actitude covarde a que nos ten acostumados e desentendéndose dos seus compañeiros do tribunal para facer política. Como hai malestar pola selección (moita xente non entende como se pode tomar unha decisión cunha entrevista de 90-120 segundos) o alcalde agora reacciona botándolle a culpa á Xunta, sin dicir que foi él o que deixou fora á oposición do tribunal de selección incumplindo a súa palabra diante do pleno.
Por outra banda se comunica que nos vindeiros días será seleccionado/a para o obradoiro un profesor/a de adultos presentándose, ao parecer, una oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa.
Por último, dicir que a mediados de xaneiro será seleccionado por parte do Grupo de Traballo Mixto en Vigo o administrativo do obradoiro. A Oficina de Emprego de Vilagarcía xa preseleccionou a catro persoas de Pontecesures para que se elixa unha delas.
Pontecesures, 4 de xaneiro de 2007
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures
0 comentarios