Ana Luz Tarela Barreiro foi seleccionada como administrativo do obradoiro de emprego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Despois da entrevista que tivo lugar hoxe na Delegación de Traballo de Vigo foi publicado o resultado da selección. A aspirante elixida tivo unha puntuación total de 4,78 puntos, mentres que Carmen Iglesias González acadou 4,77 puntos (a terceira aspirante Dolores Oliveira Pardal non se presentou).
Na valoración dos currículos que significaba un 65% da valoración total tivo máis puntuación Carmen Iglesias con 2,49 puntos, mentres Ana Luz Tarela tivo 2,33 puntos. Sin embargo na entrevista que significou o 35% da puntuación total Ana Luz Tarela tivo 2,45 puntos e Carmen Iglesias 2,28 puntos.
Na entrevista ademáis de preguntas de experiencia e disponibilidade houbo unha pequena proba de 15 minutos para elaborar un texto no ordenador. Puntuouse a entrevista de 0 a 10 e logo computouse o 35 %. A entrevista foi puntuada calculando a media entre a nota dos representantes da Xunta por unha parte e a dos representantes do concello pola outra (antes computouse a media da suma das cualificacións dos membros de cada institución) . Como representantes do concello no Grupo de Traballo Mixto asistiron o alcalde e Maribel Castro non acudindo Margarita García Castro.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.