Contratarase un profesor/a de adultos para o obradoiro de emprego de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O grupo de traballo mixto do obradoiro de emprego de Pontecesures presentará, nos vindeiros días, na oficina de emprego de Vilagarcía unha oferta de emprego para contratar un profesor/a de educación de adultos para impartir clases de formación na ocupación aos alumnos do obradoiro de emprego. A oficina de emprego preseleccionará a tres ou máis aspirantes e a elección definitiva será realizada polo grupo de traballo mixto composto por representantes da Delegación de Traballo e do Concello (o alcalde, Maribel Castro e Margarita García Castro).

Os candidatos/as deben ser diplomados en Maxisterio con experiencia directa axeitada ao posto nos derradeiros 10 anos. Trátase dunha contratación a tempo parcial pero todavía está sen decidir o número de horas semanais de traballo.

E aconsellable que os interesados/as se informen desta contratación na propia oficina de emprego de Vilagarcia.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.