Bando sobre o tráfico o día de San Lázaro.
Comunícase a tódolos veciños, e en especial a aqueles propietarios de vehículos que estacionan os mesmos na rúa San Lois, dende «Ultramarinos Zabala» ata o comercio «Zapatería Santos», así como aqueles outros que acostuman deixar estacionados os seus vehículos no adro da Igrexa Parroquial e nas rúas circundantes; que o vindeiro DOMINGO 25 DE MARZO, dende as 6,30 HORAS DA MA?Á ATA AS 22 HORAS DA NOITE aproximadamente, por mor da celebración da ROMARÍA DE SAN LÁZARO, ditas rúas deberán quedar libres de vehículos, dado que serán cortadas ó trafico converténdose en ZONAS PEONÍS e para a instalación dos numerosos postos de venda ambulante, e como medida de seguridade para os romeiros en xeral, agradecendo anticipadamente deste xeito, a colaboración de tódolos veciños, e disculpar as molestias que se poidan causar.
Pontecesures, 20 de marzo de 2007
O ALCALDE Manuel Luis Alvarez Angueira
0 comentarios