Despois de máis dun ano de demora, comeza a obra de acondicionamento do parque da rúa Carlés
NOTA DO CANDIDATO DO PSdeG-PSOE DE PONTECESURES LUIS ANGEL SABARIZ ROLÁN
Despois de varias queixas plantexadas por este concelleiro e da presentación dun escrito asinado por varios veciños, mañá martes día 27 de marzo comeza a obra de acondicionamento do espazo público cedido por dous promotores na rúa Carlés despois de construir senllos edificios.
Hai máis de 14 meses que había un acordo entre os promotores e o concello para executar a obra e inexplicablemente a actuación demorouse ata agora. Incluso os xogos para os nenos que se van a instalar no terreo acondicionado foron adquiridos hai máis dun ano e permanecen acopiados en dependencias do concello.
Parece que a insistencia deste concelleiro, as queixas veciñais e, sobre todo, a proximidade das eleccións fixeron reaccionar ao goberno local. Esta inoperancia prexudicou dabondo aos veciños destas rúas que veñen soportando dende hai moito tempo o abandono do terreo en cuestión.
Pontecesures, 26 de marzo de 2007
0 comentarios