Bando de tráfico para o día da Festa da Lamprea.
Ponse en coñecemento dos veciños qu o vindeiro domingo 15 de abril, a rúa San Lois será pechada ao tráfico, quedando totalmente prohibido o estacionamento no tramo comprendido dende “Ultramarinos Zabala” ata “Zapatería Santos”, a partir das 9 horas e ata as 18 horas, dado a que en dito tramo será instalada unha exposición de automóbiles antigos, como evento dentro da programación da “XII Edción da Festa da Lamprea”.
Dende o goberno municipal agradécese a colaboración cidadá para que esta nova edición da “Festa da Lamprea” resulte un evento de encontro e disfrute entre tódolos veciños e visitantes.
Pontecesures a día 12 de abril de 2007
O alcalde: Manuel Luis Alvarez Angueira.
0 comentarios