Acta da selección dun monitor deportivo para a ximnasia de adultos
En Pontecesures, a 27 de setembro de 2007, sendo as 12.30 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Monitor Deportivo, formado polo administrativo do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vocal e secretario.
Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais para cumprimentar cada un/unha dos aspirantes, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación marcados por este tribunal, coma son os de titulación académica, formación complementaria e experiencia laboral.
Iniciado o acto chamase ós catro aspirantes de conformidade coa oferta remitida polo INEM, presentándose: D. Gabriel Fariña Vila, D. José Moure Enrique e D. Antonio Sande Iglesias.
Non se presentou ó mesmo: Dna. Mónica Mª Miguéns Iglesias.
D. Gabriel Fariña Vila manifestou non estar interesado debido á distancia quilométrica e ó horario da xornada laboral.
A continuación os dous aspirantes que quedaban: D. José Moure Enrique e D. Antonio Sande Iglesias procederon a cubrir a ficha de datos
As puntuacións finais de ambos aspirantes, logo de realizar a baremación correspondente, foron as seguintes:
table(tabla).
|_. D. Antonio Sande Iglesias|>. 3,50 puntos.|
|_. D. José Moure Enrique|>. 2,00 puntos.|
Tendo en conta o anteriormente exposto, resulta proposta por este órgano de selección: D. Antonio Sande Iglesias.
De todo o cal esténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.
Asdo. Raquel López Doce. Asdo.Ricardo Campos Saborido. Asdo. José Rodríguez Fructuoso.
0 comentarios