Educación introduce a parada de Toxa-Carreiras no transporte escolar
NOTA DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA DO CPI PONTECESURES
Con gran satisfacción recibe esta ANPA a nova da creación dunha nova parada no percorrido do transporte escolar de Condide. A nova parada estará ubicada na pista da Barosa e recollerá a nenos/as de A Toxa e de Carreiras (aproximadamente son 20 os alumnos/as afectados).
Posiblemente o vindeiro 1 de outubro o autobús xa recolla a estes nenos/as, informando de que se manteñen as outras dúas paradas na rúa Doutor Mosquera de Condide e de que o autobús fará o percorrido de xeito inverso ó que facía no curso anterior (circulará pola pista da Barosa e pola parte alta da rúa Ullán, en lugar de facelo pola estrada nacional N-550).
Esta parada de Toxa-Carreiras foi demandada perante moito tempo por varios pais/nais de alumnos da zona e pola comunidade educativa en xeral. Precisamente esta ANPA fixo imnumerables xestións co Delegado Provincial de Educación de Pontevedra e coa Xefatura do Servizo de Transporte Escolar para conquerir esta mellora que agora é unha realidade.
Tamén tiñamos moito interese en conquerir a parada na zona media da rúa do Ensanche, pero non se concediu porque os autobuses terían importantes problemas para realizar maniobras ó virar no parada, segundos os técnicos da Delegación de Educación.
Pontecesures, 26 de setembro de 2007
A XUNTA DIRECTIVA
0 comentarios