Maneiro renuncia á Mancomunidade Ulla-Umia e o PP propón a Roberto Vázquez como relevo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Será ó longo do mes de outubro cando se constitúa a nova Mancomunidade. Previsiblemente o día 16 de outubro convocaráse a reunión de tódolos concelleiros electos da comarca para elixir ós representantes de cada partido na Comisión Executiva. Estes deberán ser os que nomeen, posteriormente, ó novo presidente. O proceso quedará pechado antes de que finalice outubro.


As dúas forzas maioritarias teñen xa os seus candidatos para dirigixir a Mancomunidade. O PP pretende colocar á fronte deste organismo ó alcalde de Portas, Roberto Vázquez, posto que, trala renuncia de Maneiro, é o único rexedor do que poden botar man na comarca. O PSOE, pola súa banda, quere que a presidencia do Ulla-Umia recaia no municipio de Cuntis e, máis en concreto, na súa alcaldesa, Fátima Monteagudo Pereira. Fontes socialistas apuntan que a localidade termal “debe ter o protagonismo que lle corresponde e que nunca tivo tanto na Mancomunidade coma na ADR”, algo para o que trataban de conseguir o apoio do Bloque Nacionalista Galego.

Nas vindeiras semanas ambos partidos iniciarán os contactos e negociacións para tratar de chegar a un acordo que premita manter a tradición. Nas últimas lexislaturas os presidentes sempre foron elixidos por consenso dos dous grupos maioritarios e “trataremos de avanzar na posibilidade de chegar a un acordo tamén nesta ocasión”, indican desde o PP, aínda que engaden que “a nosa primeira intención é que a presidencia da Mancomunidade sexa para o Partido Popular”.

Tamén dende as ringleiras socialistas apelan ó entendemento e sosteñen que “a primeira prioridade é que haxa consenso. Se é posible ou non , xa se verá”.

DIARIO DE AROUSA, 30/09/07


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.