COMEZOU A LIGA PARA OS EQUIPOS BASE DO C.B. RIO ULLA
Esta mañán empezaron as competicións nas categorias cadete, infantil masculino e alevin masculino do C. B. Rio Ulla. Tamén tiña que xogar o alevín femenino en Poio, pero aprazouse este encontro.
Os resultados dos partidos foron:
En cadete masculino: derrota por 20 puntos na Estrada. O equipo de cesures pouco pudo facer ante a maior experiencia dos locais.
En infantíl masculino: Os rapaces de Alfonso e Pedro foron quen de gañar a un equipo da canteira do BBC de Vilagarcía, por 30 puntos de diferencia: 63 – 33. Moi bo partido destes rapaces que xa son capaces de gañar, sendo o primeiro ano de competición para algúns deles.
Por ultimo, o equipo alevín masculino impuxose por un contundente 54 – 4 ó equipo alevín femenino do Liceo de Vilagarcía, formado por nenas que empezaban a xogar esta temporada. Moi bo partido dos cesureños, que lograron pechala acta ó coller mais de 50 puntos de diferencia ó pouco de iniciarse a 2ª parte (o resultado verdadeiro foi de 92 – 6).
Esta semana tampouco xogou o equipo senior ó pedirlle un novo aprazamento o equipo contrario, esta vez foi o Dorna de A Illa quen tiña problemas de xogadores e pabillón.
0 comentarios