?s alcaldes debéronlle de traer carbón.
O domingo non foi un día máis. ? certo que tampouco como cando meu pai e miña nai axudaban os Reis a colocabar os xoguetes pola noite sin que meus irmáns mais eu nos decatasemos. ? imposible revivir aquela ilusión polos Reis Magos, aqueles nervios que medraban según se achegaba o día, aquela inquedanza por saber que regalos teriamos, aquel sono lixeiro para ver se sorprendiamos a Baltasar entrando na casa ou aquela sorpresa ó ver que os de Oriente e os seus camelos tamén bebían (claro que daquela os controis de alcoholemia eran outra cousa).
Non debiamos ser moi malos porque os Reis sempre nos traían bastantes regalos. E o único que se nos resistía era a bicicleta pola que meu irmán loitaba ano tras ano.
Lembro agora todas aquelas cousas ó ver esa especie de carta ós Reis Magos que fixeron os alcaldes de Tierras a semana pasada, que seguro que do que pediron lle trouxeron ben pouco. Atrévome a dicir eso porque tamén ollei a carta do ano anterior e coincide en moitas cousas. Cando os alcaldes piden as mesmas cousas dous anos seguidos, mal asunto. Ou ben quere dicir que o ano anterior lles trouxeron carbón ou que non moveron un dedo para levar adiante os seus propios proxectos.
Vistas así as cousas, hai que pedirlles ós alcaldes (que xa sei que no asunto ese da burocracia son bastante menos que os Reis) que se deixen de cartas ós Magos e de palabrería e que se dediquen a cumplir os proxectos que teñen en mente polo ben do seu pobo. Polígonos, saneamento, traídas de augas, estradas… ¡Que non sexa fume!
Columna «Cousas do demo». Víctor Furelos. TIERRAS DE SANTIAGO, 08/01/08
0 comentarios