O Concello de Pontecesures participa no programa “Semanas Brancas 2008”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures organizan e subvencionan o programa “Semanas Brancas 2008”, dirixido a alumnos de 1º e 2º de ESO do CPI Pontecesures.

O programa levarase a cabo na Estación de San Isidro de León (Puebla de Lillo), e os alumnos estarán nas instalacións cinco días en réxime de pensión completa, clases de esquí, aluguer de material, desprazamentos dende Pontecesures ata a Estación e viceversa, monitores de tempo libre (un por cada dez alumnos), excursións e seguros.

Os pais/nais que desexen que os seus fillos/as participen neste programa deben poñerse en contacto coa Concellería de Xuventude e Deporte (Tfno.: 986-564408) ou cos Servizos Sociais do Concello (Tfno. 986-564409).

O prezo que cada alumno debe aportar por participar no programa é de 165 ?.

A prazo de inscrición para participar no programa remata o día 31 de xaneiro.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.