TODO A PUNTO PARA O INICIO DO I TORNEO DE DARDOS CONCELLO DE PONTECESURES

Publicado por fru o

Pinchando nas fotos , estas veranse mais grandes. 

Organizado pola Asociación Cultural San Roque de Porto, esta tarde empeza, a eso das 18 h. o I torneo de Dardos Concello de Pontecesures, con arredor de 50 equipos e mais de 200 participantes no mesmo, no polideportivo cesureño. Son 19 as máquinas de dardos instaladas ó longo dunha das paredes laterais do pabellón.

imagen-090-web.JPG

Durante toda a tarde e noite, ata a madrugada xogarán todos os equipos participantes partidas clasificatorias., calculando que remate a eso das 5 – 6 da mañán. para o descanso e refrixerio dos participantes, así coma para o público e xeral, a organización instalou unha pequena cantina con bebidas e bocatas.

imagen-272-web.JPG

Mañá pola tarde xoganse as ultimas partidas a eliminatorias, dened as 6 ate as 8 do xerán. Posteriormente haberá unha entrega dos mais de 100 trofeos expostos alí mesmo, para os mellores equipos e xogadores.

imagen-084-web.JPG

O control das puntuacións e equipos que van gañando faise a través dun programa informático nos ordenadores instalados a tal efecto.

imagen-271-web.JPG

A organización espera que sexa un éxito e poder repetilo nos vindeiros anos, animando a que toda aquela xente interesada acuda a presenciar este torneo de dardos.

Categorías: Deportes

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.