O final máis doce para as festas cesureñas.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nin na mellor das previsións agardaban en Pontecesures o rotundo éxito colleitado pola primeira edición da Festa do Churro, un evento que o Goberno local pretende consolidar en anos vindeiros. “Foi excelente. Tiñamos 3.000 bolsas e esgotáronse. Houbo que facer cucuruchos. Churros a rodar, chocolate a rodar…Foi un día perfecto”, explicaba onte emocionada a alcaldesa, Maribel Castro. E é que as existencias de 6.000 churros quedaron escasas e chegouse a duplicar a cantidade. “Foi unha ledicia tremenda e continuaremos en vindeiras edicións para consolidar a festa”, apuntou o concelleiro Luis Sabariz, quen agradeceu o traballo das churreiras, quen, ademais, achegaron a materia prima. Castro estendeu tamén os agradecementos “ás rapazas da vila que puxeron os mandís e botaron unha man”. A degustación foi gratuita para os máis de mil asistentes.
As churrerías artesanas que colaboraron foron Patri, Sandra, Jamardo, Fina, Isolina e Benedicta. Cabe recordar que esta actividade ten unha longa tradición en Pontecesures, polo que o Concello quixo darlle un pulo creando esta celebración dentro das festas do Carme. O Padroado de Tiurismo Rías Baixas colaborou económicamente.
A Festa do Churro completouse coa actuación do Show dos Pallasos e do trío musical Soprano, aínda que surante todo o día (festivo local) se levaron a cabo actividades no municipio.
As festas do Carme empezaron o pasado venres. Os momentos máis destacados da fin de semana foron o desfile valeiro do domingo (no que se levou a réplica do estandarte elaborado en Cuba) e a actuación da orquestra Panorama, que esa noite ateigou as rúas da vila.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.