Na madrugada de onte, unha ou varias persoas causaron danos no parque da Praza dos Valeiros de Porto.
Segue a haber xente que disfruta destrozando os bens de todos. Na madrugada de onte, na que tivo lugar a primeira verbena das Festas de San Roque de Porto, unha ou varias persoas destrozaron o taboleiro de anuncios do parque infantil da Praza dos Valeiros e arrincaron un tobogán que fora instalado para xogar os máis cativos.
Resulta difícil de entender porque se ataca así ós bens públicos en lugar de divertirse coa festa. Os causantes dos danos: ¿Destrozarán nas súas casas os mobles ou outras instalacións das mesmas?.
0 comentarios