Convocatoria para a contratación de educador/a familiar no Concello de Pontecesures.
Para desenvolver o Programa de Educación Familiar no 2008 precisase contratar un/ unha educador/a familiar con contrato por obra ou servicio a tempo parcial (media xornada), cun salario bruto mensual de 671,28 ? brutos o mes, (14 pagas). Os/as interesados/as deberan estar titulados/as como:
– Diplomado/a en Educación Social.
– Diplomado/a en Traballo Social.
– Licenciado/a en Psicoloxía.
– Licenciado/a en Pedagoxía.
As instancias xunto co currículo de méritos alegados presentaranse no Rexistro Xeral da Casa do Concello de Pontecesures, rematando o prazo de presentación da documentación o vindeiro 3 de outubro de 2008 ás 13:30 h.
Poderase consultar as bases de selección e baremo no taboleiro do concello, ou en www.pontecesures.org (no banner CONTRATACI?N DE PERSOAL).
0 comentarios