Derrubada a caseta que Portos de Galicia tiña no peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na mañá de hoxe Portos de Galicia procedeu a derrubar a caseta que tiña o ente no peirao de Pontecesures (na coñecida curva do “Telleiro”). Hai uns día desplomouse o tellado da edificación que non estaba utilizada dende hai tempo, e ante o perigo e o desuso optouse por non arranxala e derrubala definitivamente. Arestora permanecen na zona os escombros e o vello mobiliario destas oficinas.
A pequena caseta do peirao ten a súa historia. Estaba dividida en dúas oficinas. Nunha delas prestaron servizos durante moitos anos os funcionarios do peirao, e a outra estivo a ser utilizada como a sede da Asociación de Valeiros de Porto. Nos últimos tempos, Portos de Galicia pretendía que os locais foran utilizados por algunha asociación abonado a taxa correspondente pero non foi posibel e o edificio continuou deteriorándose.
Hai que lembrar que na obra de rehabilitación do peirao de Portos de Galicia tamén estaba previsto o derrubo do edificio na súa actual situación.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.