O día 12 de novembro, remata o prazo de presentación de candidaturas ó Consello Escolar do CPI Pontecesures.
Nestes días foi publicado o calendario electoral elaborado pola xunta electoral que regula este proceso.
O prazo de presentación de candidaturas para alumnos/as, pais/nais, persoal de administración e servizos e profesorado xa está aberto e remata o mércores día 12 de novembro ás 13 horas. Para presentarse como candidato a calquera dos distintos sectores da comunidade educativa, débese cubrir no propio centro o impreso oficial e presentalo alí á xunta electoral.
As votacións para a elección dos alumnos serán o día 24 de novembro de 10 a 12 horas. As do persoal de administración de servizos serán o día 25 de novembro de 12 a 14 horas. As do profesorado serán nun claustro o día 26 de novembro ás 18:30 horas. Por último ás dos pas/nais serán o día 27 de novembro de 12 a 18 horas.
Ata o día 18 de novembro estan expostos os censos no edificio administrativo do CPI Pontecesures.
0 comentarios