Os casados dan a sorpresa, e gañan o partido de fútbol das festas de Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Por 4 goles a 3, gañaron os casados aos solteiros no partido de fútbol disputado na tarde de hoxe no campo “Ramón Diéguez” de Pontecesures, con motivo das festas da Virxe dos Anxos de Carreiras.
A pesar do dominio territorial dos solteiros, os casados gañaron o encontro. Foi decisiva a actuación dos porteiros. Estivo moito máis acertado o dos casados e iso resultou decisivo para o resultado final.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.