Comezaron as clases de ximnasia terapéutica no Centro Social.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No día de onte, 17 mulleres maiores de 65 anos, comezaron estas clases que serán impartidas ata finais de xuño todos os mércores, en horario de 18:15 a 19:45, pola médico especialista en mediciña preventiva, traballo corporal e nutrición, Flor Dios Villameá.
Asistiron á presentación a propia médico, a traballadora social de Pontecesures, Consuelo Ordóñez Martínez e o concelleiro Luis Sabariz.
Na práctica, vaise seguir o método “Cuerpo y consciencia”, que é unha ximnasia suave e global segundo manifestou a profesional encargada das clases.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.