Entrevista sobre www.pontecesures.net

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende hai uns anos temos en Pontecesures una páxina web que nos informa das novas máis importantes do noso concello. Decidimos entrevistar a un dos colaboradores asiduos desta páxina, L.A. Sabariz Rolán.

1. Cando se creou esta páxina web?
Eu creo que foi en novembro de 2005. Mäis ou menos.

2. Quen a creou e con que intención?
Creouna Antonio Cortés que está en Sevilla vivindo. Creouna para dinamizar un pouco as inquedanzas do concello.

3. Que tipo de información mostra a páxina?
El é o administrador, o responsable da páxina, pero voluntariamente a xente vai dando as entradas que lle parecen sobre as novidades do concello: educación, cultura, política, etc. Ademais hai algúns colaboradores. Inténtase facer unha chamada para que todo o mundo poida colaborar e dar novas. Moitas copianse da prensa, e doutras vaste enterando por aí, pola rúa.

4. Con que axudas económicas e humanas conta?
Descoñézoo. Eu creo qeu é unha iniciativa persoal dó de Antonio Cortés. Debe dar algunha cantidade polo servidor. Evidentemente non ten beneficios de ningún tipo, nin sequera ten usos publicitarios.

5. Pódese participar dende fóra algún artigo?
Si, si, naturalmente. Iso sí, haise que inscribir para poñer as entradas e o que queiras. Despois tes un código e podes participar.

6. Como fai para estar ao tanto do que sucede en Pontecesures?
Pola información diaria da prensa, cartas, anuncios nos taboleiros de actuacións e por xente da vila que me informa.

7. Lembra algunha anécdota curiosa relacionada con páxina?
Anécdotas mil, o que pasa é que esta páxina ten unha característica importante que é a participación anónima con cousas sarcásticas, pero non chegamos ao nivel de poñer denuncias porque sabes que cando hai xente anónima sempre pode haber algún tipo de persoas que insultan.

8. Recibiu algunha crítica por esta páxina?
Sí, naturalmente, sobre todo dos ámbitos políticos, porque ás veces din que é «a páxina de Sabariz» pero a páxina non é de Sabariz. Sabariz é un que escribe aí, pero pode escribir quen lle dea a gana, tanto como comentarista como dando entradas. Dicían que ía facer propaganda política, pero eu creo que est á lonxe da miña vontade facer aproveitamento político. A min gústame informar ao cidadán e máis nada. Eu estiven a piques de facer periodismo, fixen dereito ao final. ? un medio que me satisface, por iso o fago.

9. Na páxina web apareceron novas da delincuencia xuvenil en Cesures. Que opinión lle merece isto?
Eu creo que a delincuencia xuvenil, evidentemente, non lle gusta a ninguén. Este tipo de novas sempre son desagradables pero de nada vale tapar a realidade. Non é un problema que se dea en Pontecesures só, vívese en moitos sitios, e tampouco imos falar de que isto sexa un Bronx, non?. Tampouco digo que haxa aquí problemas tódolos días. Hai determinados feitos que se deberían corrixir, pero tampouco imos poñer unha alarma social por isto, eu creo que se dan e o importante é que a xente nova se decate de se pode divertir, pero sen facerlle dano de ningún tipo a ninguén.

Entrevista de Raquel Llerena Morales, Carmen Diz Fernández, Enrique Fernández Vázquez e Yago Baleirón Constantino. 4º ESO A
Revista «Voceiro do Pino Manso» do CPI Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.