Andrés Quintá: «En época de crise, o inxenio e as novidades son as claves para a saída do túnel».

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, cre que é necesario «conectar» a demanda de emprego das empresas co contido dos ciclos formativos.

A necesidade agudiza o inxenio, xa o di o refrán. E «en época de crise, o inxenio e as ideas novidosas son fundamentais para sair desta situación na que se atopan os mercados a nivel mundial. As solucións non están escritas, hai que buscalas e aunar esforzos entre todos para saír adiante». Así o considera Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá, empresa líder no sector do aluminio que ten participado en obras tan emblemáticas como a Cidade das Ciencias de Valencia, a Torre Milenium, o Pabellón de Aragón da «Expo Zaragaoza 2008», a Fundación Zara ou as Torres de García Barbón, entre outras.
Par a Quintá é fundamental a formación dos nosos xoves xa que «se os traballadores non contan cunha capacitación profesional axeitada, o fracaso está garantido». «Todo aquel xoven que queira acadar unha meta na vida, ten que facer como os bos deportistas: adestrar todos os días. ? dicir, primeiro ten que estudar e aprender, formarse, ter os coñecementos necesarios e despois adquirir a experiencia coa práctica». Para Anddrés Quintá existe un «desfase importante», entre a demanda de emprego das empresas e os actuais ciclos formativos. Neste senso, asegura que «levo máis de 30 anos tentando que as administracións se acheguen ás empresas para coñecer as súas necesidades e, a partír de aí, encauzar e dirixir os contidos dos ciclos formativos e potenciar a práctica nas industrias dende o primeiro ano de estudos, Un traballador é unha empresa, se queren seren competitivos, teñen que acadar a maior formación posible»

DIARIO DEA ROUSA, 05/07/09

Categorías: PersoeirosSin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.