O luns día 31 de agosto, probas para a selección de dous auxiliares administrativos e un conserxe.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

A Oficina de Emprego de Vilagarcía está a enviar as cartas aos preseleccionados/as para optar a estes contratos de traballo subvencionados pola Consellería de Traballo ao abeiro dos programas de cooperación. Deben presentarse ás 10 horas do vindeiro luns para as probas.
O tribunal de selección está composto por Trinidad Rodríguez Suárez (secretaria do concello), Ricardo Campos Saborido (administrativo) e José Francisco Rodríguez Fructouso (técnico de emprego).
Posiblemente os seleccionados/as comezarán a traballar xa o 1 de setembro.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.