Tribuna pública: Reflexións sobre o trazado do tren de cercanías.
En relación coa postura que ten o Concello de Vilagarcía favorable ao desmantelamento da vía férrea convencional coa entrada en servizo da alta velocidade nun futuro próximo, queremos puntualizar o seguinte:
1.Non podemos entender como a posibilidade de ampliar unha rúa de entrada á cidade, pode ocasionar «cargarse» unha vía férrea en uso dende hai 135 anos e que ten núcleos de poboación importantes que utilizan o ferrocarril.
2.Tampouco entendemos que se Costas do Estado ten proxecto e orzamento para construir unha senda verde pola zona marítimo terrestre en Bamio e Carril, a obra non se execute na espera de que se elimine a via férrea para facela coincidir coa mesma. O sexa, o da senda verde xa ten solución, pero non se leva a cabo pretendendo eliminar unha instalación básica para a comunicación.
3.Non queremos entrar nesta nota en compatibilidades de trazados de alta velocidade e cercanías (anchos compatibles para os trens, rasantes de conexión, etc…). Hai moitas declaracións institucionais en favor dos trens de proximidade, pero logo priman os localismos e se prexudica sempre aos veciños que non residen nas grandes cidades. ¿? solidario levantar unha vía férrea en servizo, deixando sen tren a tantas persoas? ¿? iso «facer país», frase tan recorrente nos últimos tempos?.
4.Solidarios foron moitos pequenos pobos atravesados pola vía do tren, para que, ademais dos seus veciños, tiveran servizo as grandes cidades. Agora, que xa non se precisa deles, se lles deixa «tirados». ? inxusto que o progreso deixe abandonados aos máis débiles.
5.Que non se poñan desculpas con plans de mobilidade e futuros tranvías municipais. A vía é unha instalación en uso, dependente da administración do estado, e a penetración ao centro da cidade é básico para potenciar o uso do ferrocarril. Os trens de proximidade non teñen sentido circulando polos montes e deixando aos veciños dos núcleos próximos ás cidades sen servizo. ¿Que nun futuro se utilice a vía actual para tranvía?. Ben, pois xa se conta cunha liña.
Polo exposto, facemos unha nova chamada ao «sentidiño». As decisións de agora en canto á vía son irreversibles. Levantala, ou deixala sen servizo, é un despropósito. Vilagarcía perdería unha oportunidade histórica para que Bamio, ou a praia de Compostela, contasen con paradas, e para que máis persoas a visiten, utilizando o transporte público do futuro dende o punto de vista ecolóxico e económico.
Carlos Abellán Ruiz e Luis Ángel Sabariz Rolán
0 comentarios