Entroido 2010 do Concello de Pontecesures.
O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o 14 de febreiro de 2010.
As comparsas que desexen participar tanto no concurso como no desfile de Entroido terán de prazo ata as 14.00 horas do xoves 11 de febreiro para anotarse nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderán anotarse tamén previamente no Concello, ou o mesmo día do concurso, a partir das 16 h. ata as 17 h. Logo pechase o prazo de inscrición.
Na folla de inscrición deberán sinalar a categoría na que desexan participar, xa que só se poderá participar nunha categoría.
As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h.o desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela, onde continuará o festival. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes.
O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.
Establécense dúas categorías principais:
· Infantil. Todos aqueles grupos/comparsas, parellas ou individuais dende 0 ata 14 anos. Para pertencer a esta categoría os grupos e parellas terán que estar formadas integramente por nenos/as ata 14 anos.
· Adulto. Todos aqueles grupos ou comparsas, parellas ou individuais de 15 anos en diante.
Dentro das anteriores categorías teremos as seguintes modalidades:
· Comparsas/Grupos. Estarán formadas por un grupo de 3 ou mais persoas, que poderá ter ou non coreografía e música propia, e poderán ir en carroza ou similar.
· Parella: Formada por 2 persoas ambas cun disfraz relacionado.
· Individual: Unha persoa.
Aquelas comparsas/grupos formadas conxuntamente por nenos e maiores concursarán na categoría de adultos, e ningún dos seus compoñentes poderá presentarse ó concurso de individual ou parellas.
Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.
A entrega de premios farase na Prazuela. Sobre as 7 da tarde entregaranse os premios infantís e sobre as 8 os premios de adultos. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelábel e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.
A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.
Os premios por cada categoría serán os seguintes:
CATEGORÍAS INDIVIDUAL PARELLA GRUPO/COMPARSA
INFANTIL – ATA 14 ANOS
- 1º 80 ?
- 2º 60 ?
- 3º 40 ?
- 1º 100 ?
- 2º 75 ?
- 3º 50 ?
- 1º 150 ?
- 2º 100 ?
- 3º 75 ?
ADULTO – MÁIS DE 14 ANOS
- 1º 100 ?
- 2º 75 ?
- 3º 50 ?
- 1º 150 ?
- 2º 100 ?
- 3º 75 ?
- 1º 350 ?
- 2º 250 ?
- 3º 150 ?
Todos os premios recibirán o importe en metálico, para o que se deberá asinar o correspondente recibín previa presentación do DNI dun dos participantes. No caso dos menores será un adulto que o acompañe quen asine dito recibín previa presentación do DNI.
MÁIS INFORMACI?N E INSCRICI?NS: OFICINAS DO CONCELLOS DE PONTECESURES: 986 557 125
0 comentarios