Contratación de profesor/a para o obradoiro de emprego de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Concello de Pontecesures presenta hoxe unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía para contratar un profesor/a para impartir clases aos alumnos do obradoiro de emprego “Pontecesures II” seis horas semanais (tres horas perante dous días á semana).
Os aspirantes deberán ser diplomados/as en maxisterio e ter experiencia na educación de adultos nos derradeiros dez anos de acordo coa normativa que regula os obradoiros de emprego.
Pódese plantexar calquera consulta na oficina do técnico de emprego de Pontecesures (986/564403), ou na oficina de emprego de Vilagarcía (986/502953).
Logo de realizar a sondaxe correspondente, a oficina de emprego enviará entre 4 e 6 candidatos/as á Xefatura Territorial de Traballo en Vigo. Alí o Grupo de Traballo Mixto do obradoiro levará a cabo a selección mediante a realización dunha entrevista.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.