Outras incidencias do temporal en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

-Pola Policía Local e por persoal do Concello de Pontecesures foi retirado un cartel indicador situado na Avda. de Vigo (preto do edificio nº 12). O sinal de considerables dimensións, estaba a piques de virse abaixo.

-Derrubouse na Avda. de Arousa (PO-548 Pontecesures-Vilagarcía) un cartel dunha promotora que anuncia a construcción dun edificio de vivendas. Afortunadamente non houbo danos e o cartel está, arestora, sobre a beirarrúa. Será apartado en breve.

-Continúa pechado ao tráfico o paso do Telleiro que vai por baixo da vía férrea por asolagamento (marea alta no río con moito caudal).


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.