Iniciativa do CPI Pontecesures para dotar de árbores e prantas ao recinto escolar.
Baixo a dírección do profesor de galego se secundaria Jesús Amboage García, e coa colaboración dos outros docentes e dos alumnos, se están a prantar nestes días no patio escolar do CPI Pontecesures 30 árbores autóctonos (carballos, freixos, ameneiros, bidueiros, castiñeiros…), e un considerable número de prantas (azaleas e outras especies aromosas). Con estas últimas preténdense habilitar unhas zonas axardinadas preto dos edificios do centro, recuperando, incluso, unhas vellas xardiñeiras que estaba inutilizadas.
Os alumnos están a acoller con gran ilusión os traballos. Cada aula está a «apadriñar» a cada unha das prantas e así os nenos/as encargánse do rego e mantemento nos recreos. Incluso fixéronse xestións para que, no verán, algúns nenos, e persoal de limpeza do Concello, se encargue destas tarefas.
Con esta actuación educativa, que é financiada polo centro, trátase de espertar o interese dos alumnos polo medio ambiente, de humanizar o patio, e de facer máis atractivo este espazo para toda a comunidade educativa.
0 comentarios