Retirada a “montaña” de escombros da zona traseira do edificio en construción da rúa Sagasta.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nos útimos días, a promotora dun edificio novo con entrada pola rúa Castelao estivo a realizar obras de acondicionamento dos terreos cedidos ao concello, por mor da licenza da obra, nas rúas Estación, Rosalía de Castro e Castelao. Na próxima semana vaise proceder ao pavimentado destas zonas.
Tamén, foi retirada nestes días a “montaña” de escombros que había na parte traseira doutro edificio en construción próximo na rúa Sagasta (unha parte deles foi utilizada como recheo da futura rúa). Por salubridade e estética foron bastantes os veciños que se queixaron desta situación de abandono.
Con estas actuacións a mellora en todas estas rúas vai ser notable.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.