A avaría do tubo de saneamento na rúa Víctor García, arranxouse de madrugada.
Sobre ás 19 horas do día de onte, Xoves Santo, detectouse unha obstrucción do tubo de saneamento na rúa Victor García que provocaba, en parte, un problema de salubridade nos aseos do hotel situado no número 1 desta rúa. Logo de que un operario municipal e traballadores dunha empresa local tentasen eliminar a obstrucción, foi necesaria a presenza dun camión da empresa Aquagest que solucionou o problema e limpou o tubo nas rúas Víctor García e Sagasta, rematando pasadas as tres da madrugada.
0 comentarios