Donativos para as Festas do Carme 2010 de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Ante a proximidade das Festas do Carme, que se celebrarán a primeira fin de semana de xullo, que van ser organizadas polo Concello de Pontecesures, anúnciase que, en breve, un grupo de veciños/as vai sair a facer unha petición polos domicilios para recadar a maior cantidade posible de donativos.
Ademáis, o Concello ten aberta unha conta bancaria en Caixanova de Pontecesures, para que aquelas persoas que lle resulta máis cómodo procedan a deixar o seu donativo nela.
A conta é a seguinte: 2080 0112 71 0040008207.
Solicítase colaboración a toda a veciñanza para que teñamos as mellores festas posibles.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.