Mellora da instación eléctrica no polideportivo cesureño.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O cadro eléctrico do pavillón municipal está a dar problemas cando se acende a iluminación do recinto. Hai bastantes “chispazos” que preocupan, e así no día de onte vai comezar a obra de substitución da cadro na súa totalidade que levará a cabo Doselco Electricidade. Tamén serán substituídos varios puntos de luz na pista de xogo que se atopan afundidos.

Por outra banda, tamén hai que dicir que foi trasladado o cadro de alumeado público que se atopaba na fachada do pavillón de dá ao camiño. Estaba deteriorado, e ademais entorpecía a obra de construción do ximnasio e dos vestiarios que está a realizar o obradoiro de emprego “Pontecesures II”. Isto motivou que agora o punto de luz fora colocado á entrada do corredor que vai ata a porta do pavillón entre o edificio e o patio escolar do CPI Pontecesures. Deste xeito queda mellor alumeada a zona de saída e entrada do polideportivo.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.